VAISE ‘LAND ROBER’

24 de noviembre de 2011

Pode pechar Land Rober, pode Roberto Vilar emigrar a Madrid, pero o seu país sempre seguirá sendo a TVG. Grazas por todo, compañeiro!

FESTA

6 de octubre de 2011

O mellor desta voda tivo que ser o festón da despedida de solteiro… Pastillas tivo que haber seguro: que se Sintrom, que se para a circulación, que se para o rego… Como diría Pocholo:  ¡¡¡FIESTA!!!!

Fútbol

5 de mayo de 2011

Os Madrid-Barça (ou viceversa) son coma as tapas de zorza no estómago:repiten e dan patadas.

A Solución a Novacaixagalicia

23 de marzo de 2011

A SOLUCIÓN! Novacaixagalicia: a solución é falar con Ikea; son os únicos que che explican como sacar un banco dunha caixa.

O Pano

23 de marzo de 2011

O Pano. Teño unha amiga, unha das Cantareiras de Ardebullo, Nucha, coñecedes? Pois ten un problema: quere sacar o graduado… Intentou matricularse nunha academia… E non a deixan polo pano que leva na cabeza! Ela só quería estudar para poder ir traballar, para emigrar a Alemaña… E o pano é de toda a vida!!!

Contos de Nadal

23 de marzo de 2011

Este foi o primeiro artigo que publiquei en LV De Luns a Venres. É de decembro de 2010.

CONTOS DE NADAL

Xa hai tempo que me convidaron a escribir para LV, e como eu son un tipo que falando aínda me defendo, pero nunca tiven a oportunidade que me ofrecen desde este xornal, púxenme diante do ordenador e decidinme a escribir.

Botei máis dun mes sen saber de que, ou sobre que falar… Non daba atopado o xeito, non estaba cómodo… Nun monólogo, no teatro ou cando traballo na televisión, se eu non sei que dicir, falan por min os meus personaxes e ao ser varios sempre é máis doado.

Entón decidín preguntarlle a eles. Falei con varios, pero tiven claro que se alguén me podía asesorar nesta empresa era Ramón Regoufe, amigo meu desde hai moito tempo, case desde que nacín… desde que comecei a escoitar, a escoitalo a el.

Ramón está xubilado, por isoten máis tempo para pensar. Igual alguén o coñece de escoitalo algunha tarde na Radio Galega,naquel programa ao que chamaban O tren do serán. Alí ten falado e opinado de todo, por iso me apresurei a falar con el.

–De que escribo, sr. Regoufe?

–De calquera cousa, rapaz. A xente non se para a ler o que pon o xornal; algún mira as fotos…

–Algo terei que contar, o editor lerao…

–Pois fálalles do Nadal…

–Do Nadal…? Home, eu son cómico, debería ser máis orixinal… non?

–¿Orixinal? Todo o que se escribe, todo o que se di, todo… xa está dito de antes de agora. Escoita… hai cousas do Nadal das que nunca se falou e que son básicas para saír desta crise, para sentirnos importantes ou para axudar o sector lácteo.

–Como?

–Para empezar, no Nadal grazas a Papá Noel e aos Reis Magos… ben, máisben grazas aos renos ou aoscamelos, dispárase o consumo de leite. Todos os vasos de leiteque deixan os cativos para osanimais axudan fortemente a un sector estratéxico para Galicia. E este ano o que deberían facer os Reis, os Magos, non os outros, os outros traballar como que… ben, dá igual. O que deberían facer as Maxestades de Oriente é traer carbón, moito carbón.

Por unha parte, porque o merecemos todos e todas, pero sobre todo por botarlle unha man ao sector da minería. Xa ves, no Nadal podemos empezar a saír da crise; xa dei eu máis solución que Zapatero. E agora que encendín xa vou dicir todo… Os cataláns inventaron o Caganet, ese tipo que se pon no belén, detrás do portal, que está facendo as súas necesidades… Eles fixérono famoso pero ao lado del deberiamos poñer a figura do galego que o descubriu, porque se non o vise o galego os cataláns non se enterarían de que un compatriota seu cagou detrás do portal de Belén… Ata me atrevo a dicir que debería ter rango de trobador, de pai dos trobadores…

Aquel home, emigrante galego, cantoulle ao Caganet: “Fuches tu, fuches tu, o que foi cagar ao palleiro, fuches tu, fuches tu, que aínda levas as pallas no cu”. É ou non é para sentirnos orgullosos de onde somos…

–Pare, pare… xa chega, xa mirarei eu de que escribir…

Igual o de falar cos personaxes non é boa idea. Se cadra o de escribir non é para min, pero eu sigo agardando que aparezan as musas… Habelas, hainas